Centro de Congresos e Convencións

O Centro de Congresos e Convencións é un moderno e confortable edificio con capacidade e dotación de servizos para dar cabida ó mesmo tempo a congresos, seminarios, galas e exposicións.

Está construido con materiais cálidos e absorbentes, como moqueta e madeira, e todo o seu espacio de entrada está acristalado e pavimentado con pizarra de O Porriño.

Dispón de espacio de recepción con gardaroupa, aseos e cafetería.

O seu Auditorio (de 1.200 metros cadrados de superficie e capacidade para 624 persoas) está equipado cos máis novidosos servizos audiovisuais.

Conta ademáis con outras cinco salas de conferencias que poden dar cabida a entre 40 e 135 congresistas.

Na planta baixa úbicanse tres grandes salas de exposicións (ocupando un total de 2.500 metros cadrados). Están conectadas entre sí e posúen entrada directa dende o propio recinto. Para facilita-lo seu acceso, o Centro de Congresos dispón de dous ascensores panorámicos.



Instalacións e servizos

AUDITORIO:

Ten unha superficie de 1.200 metros cadrados e unha capacidade para albergar a 624 persoas.
Está climatizado e dispón de cabinas para prensa e de servizos audiovisuais.
 

SALAS 1 e 2:

Contan con servizos audiovisuais e teñen capacidade para albergar a 135 persoas.
 

SALAS 3, 4 e 5:

A súa capacidade é de 40 persoas e tamén dispoñen de servizos audiovisais
 


SALA DE EXPOSICIÓNS:
 
Ubicada na planta baixa do Centro de Congresos, ten unha superficie de 2.500 metros cadrados.
Está dividida en tres locais interconectados.
 
 
CAFETERÍA:
 
Ubícase ao lado do Auditorio e está equipada para atender a 800 persoas.