vista_recinto.jpg

» Adxudicación de espazos

 

  • Teñen prioridade na adxudicación de espazo os antigos expositores da feira, sempre que reconfirmen a súa participación nos prazos e termos establecidos pola Dirección do Certame.
  • Tras a adxudicación prioritaria de espazo a estes antigos expositores, procederase a atender as peticións de novos participantes. As peticións destes últimos atenderanse por rigorosa orde de chegada do impreso "Solicitude de Espazo" [tarifas de participación], e do correspondente pago (requisito este último imprescindible e que determinará a data de entrada da petición de participación como expositor), e sempre respectando a sectorización xeral do certame.
  • EXPOSITORES de edicións anteriores da feira: A adxudicación realizarase unha vez recibida e aceptada a Solicitude de Espazo, e recibido o pago correspondente. En caso de petición de modificación de localización ou superficie por parte do expositor, a Dirección do Certame realizará, se é posible, ofertas de espazo atendendo a devanditas peticións. O expositor deberá confirmar por escrito a súa aceptación á Dirección do Certame.
  • NOVOS EXPOSITORES do Salón: Unha vez recibida e aceptada a Solicitude de Espazo, a Dirección da feira procederá a ofrecer o mellor espazo dispoñible na Feira que se adapte ás necesidades do expositor e que respecte a sectorización xeral do certame. Procederase a adxudicar o espazo tras a aceptación por escrito por parte do expositor, e a recepción do pago correspondente.
  • A ubicación dos stands casetas realizarase de acordo coas áreas de exposición destinadas a cada sector.
>>>